miércoles, 1 de julio de 2015

XXVI TRIATLÓN POPULAR CONCELLO DE OLEIROS - 23/05/2015


Distancia Sprint (750m - 20km - 5km)
La crónica de Agus.
Como moitos saberedes, e se non o sabedes idesvos enterar agora, o sabado 23 de Maio celebrouse en Mera o XXVI triatlón 
de Oleiros. Alí estivemos algúns integrantes do Trisada, uns participando na proba e outros animando.
Kaiser volveu a subir ao podium, Antuan non estaba para tonterías así que fixo o sector de natación sin neopreno, José Luis 
aportaba a clase e experiencia ao grupo, e eu fixen o que puiden. Tamén puiden ver por alí a Román, Montse, Yoryi e Jorge, 
estos últimos na sua pouco agradecida faceta de reporteiros gráficos. Ademais estaban para repartir ánimos o meu olliño dereito 
Ruth e a miña señora esposa Monica.
Tampouco  podo pasar sin  decir que tamén andaba por alí Edu facendo labores de xuíz, o certo é que casi ninguén lle facía moito 
caso, e eu non sei por qué a min non me sorprende, pero bueno...el mantivose sempre moi digno levando con sobriedade a 
esponsabilidade que tan alto cargo require.
A miña actuación.
Aviso!!! A partir de aquí vou contar a miña actuación. Non é moi interesante, así que si non queredes seguir lendo non perdedes 
nada. Nin eu volo vou  a ter en conta.
Aínda que non sexa estrictamente certo (esto daría para outra crónica) pódese decir que aquí debutaba eu en triatlon, motivo polo 
ue os dias previos á proba estiven aconsellandome moito nos meus estimados e benitencionados compañeiros. Total para nada.
Como eu son moi listo, no momento da verdade fixen un rápido análisis da situación e decidín improvisar. E bueno... a base de 
ostias tamén se aprende. En este caso é no sentido literal.
No sector da natación, en contra do que me dixeran decidín sair pola zona interior, xa que era donde menos xente había colocada 
e eu tiña a impresión de que a inmensa maioría nadarian moi ben alonxándose de min rápidamente, deixandome así espacio para
nadar sin agobios. O caso é que para a miña sorpresa a maioria da xente non nada un carallo, e aínda se orientan peor. 
Como resultado da miña intelixente estratexia  enseguida me vin metido nunha especie loitas acuaticas entre plebeios donde me
 obsequiaron con varios mamporros, un par deles causaron efecto deixandome sin gafas, a segunda vez non as coloquei ben, e 
como son así de listo  nadei a metade da proba con un ollo cerrado.
Resumindo, na primeira bolla uns desgraciados casi me afogan, e na segunda casi me paso de largo seguindo a uns capullos, que
 se cadra eran os mesmos. O regreso a terra firme non tivo apenas incidencias que o meu ollo aberto poidera apreciar
Despois da transición (moi tranquila) collín con moito ánimo a miña bici, unha Vitus 992 color púrpura do ano 98, que aínda que hai 
moito fan do carbono me mira por encima do hombro, o caso é que  a miña bici é todo un clásico dos que nunca se pasan de moda.
Pero este estado de euforia pouco me durou. Outra vez máis, dando mostra dunha gran intelixencia, decidín que non ía levar botellín 
con auga xa que pensaba que para esa distancia sería acarrear un lastre inutil. Canto menos peso mellor, pensei. Nunca, ata este dia,
 nunca, en ningunha proba deportiva, en ningunha, pasara sede. Pero aquí pasei moita. Moitísima. De feito estaba desexndo acabar 
solo para poder beber algo.
Resumindo, aínda que pouca xente se movía encima da bici coa clase e elegancia con que o facía eu...o certo é que fun bastante lento
Na carreira a pe empecei a un ritmo alegre pero que eu pensaba sería comodo, Adelantei a tres ou catro pringaos que ían moi lentos 
para alguén coma min que iá a recuperar posicións vertixinosamente, pero antes de acabar a primeira volta xa me volveran a pasar e 
despois xa non sei que foi deles porque se perderon no horizonte. Para colmo dos meus males cando pasei polo avituallamento non
 había auga, acabarase, así que tirei para diante maldecindo a conxunción planetaria que se alineara en contra miña. Na seguinte volta, 
esta vez si tiñan xa auga, polo que decidín parar e beber tranquilamente para non desperdiciar nin unha gota. E eu aínda lle tomaba
outra... pero bueno, había que seguir.
E bueno... asi... en resumen, despois de unha hora e trinta e sete minutos acabei o meu primero triatlón.
Fin.